Galicia é un lugar habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Saturday, March 17, 2012

Que nada se sabe.

Iste é o título do libro dun filósofo español, Francisco Sánchez. Exixten dúbidas sobre o seu lugar natal no que os investigadores portugueses atribúenlle o seu lugar de nacemento a Braga mentres que os españois o sitúan en Tui, antiga Povincia do Reino de Galicia.
Istas dúbidas son debidas a que coa proclamación do Edicto de Granada no ano 1492 polos reis católicos Isabel e Fernando, todos os xudeos víronse obrigados a convertirse ao catolicismo ou a abandoar o país se non querian ser asasinados pola Inquisición. Visto isto, os pais de Francisco víronse obrigados a converterse ao catolicismo emigrando cara a Braga onde foi bautizado o seu fillo. De aqui ven a teoria do seu nacemento en Braga. Posteriormente como a maioría dos conversos, desprazáronse cara a Tui, de esta meneira se lles xurdían problemas podías atravesar o rio Miño rápidamente e chegar a Portugal. Actualemente non existe a menor duda de que o seu nacemento produciuse en Tui.
Debido á Inquisición España perdeu a un dos seus mellores filósofos e pensadores.
Esta cultura xudía está moi presente nas súas duas primeiras obras "Quod nihil scitur" e "Carmen de Cometa"
En canto a sua obra presenta unha influencia de Descartes. A súa obra mais importante foi "Quod nihil scitur" (Que nada se sabe). Este libro comenza cun prólogo no que se acusa ao mismisimo Descartes de copiarlle a duda metódica presente neste prólogo a Francisco Sánchez. Diríxese a todos os que non estan obrigados a xurar nungunha palabra do seu maestro senón que examínan as cousas polas súas propias razóns. Conta no libro Francisco que sobre esto que tivo que volver a empezar sobre sí mismo xa que nos antigos so encontraba sombras da verdade, empeza así examinando as cousas por si mesmas.
Aparece aqui a súa principal cualidade, o escepticismo. Critica Francisco a todos os que non son capaces de pensar as cousas por si mesmos sen ter en conta as influencias que teñen á sua contra.
Non promete a verdade senón que a ignora evitando así calquera discusión
Este escepticismo recíbeo de Pirrón, o primeiro filósofo escéptico.
Moitos filósofos tiveron en conta a sua figura como Leibniz, Ludwig Gerkrath o W Wildeband.
Morre finalmente en Tolouse no ano 1623.

No comments:

Post a Comment