Galicia é un lugar habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Monday, April 23, 2012

Un atentado contra o esquema social tradicional galego, O Banquete de Coxo.

O Banquete de Conxo tivo lugar o 2 de marzo de 1856 e tratouse dun acto de confraternización entre obreiros, artesáns e estudantes. O banquete constituíu un xesto de índole socialista, o cal suscitou o enfado dos sectores máis poderosos de Santiago de Compostela.
    Funcionou como un atentado contra o esquema social tradicional preconcibido, de modo que estudantes, a maioría de clases podentes, e artesáns compartiron pan e mesa. Ao banquete asistiron personalidades do talle de Aurelio Aguirre, quen pronunciou un discurso e de Eduardo Pondal, quen recitou uns versos en castelán do seu autoria. Especúlase que Rosalía de Castro quizais puidese estar presente.
    Sábese que o Banquete de Conxo se converteu nun acontecemento de grande importancia simbólica e real dentro da historia de Galicia, transformándose nunha parte significativa da memoria colectiva galega.

Aquí podedes observar unha conmemoración ao Banquete de Conxo:
http://youtu.be/aHCgq2oZKbM

Panadeiro anarquista atenta contra o monarca.

    Corrían tempos difíciles no reinado de Alfonso XII, as hostilidades en Marrocos, a epidemia da cólera en Valencia e o reinado do monarca ía en decadencia. Isto uníndose coa creación dos novos ideais comunistas e anarquistas recentemente, foron os factores que propiciaron que Francisco Otero Sánchez sufríra un profundo odio polos reis.
   O 30 de Decembro de 1879 ás cinco da tarde corría un día soleado na Plaza de Oriente de Madrid. Francisco Otero levava días planeando o atentado contra a persoa de Alfonso XII. Levaba estudados os movementos diarios dos monarcas e a ésa hora solían pasar en carruaxe.
    Levaba esperado xá arredor de 2 horas na porta do Palacio Real cando de repente apareceron os reis no seu carruaxe cando de repente Francisco Otero sen dúbidalo nin un instante sacou a súa pistola e disparou dous tiros coa única intención de dárlle na cabeza ao monarca. As balas pasaron rozando a cabeza de Alfonso XII quen finalmente saiu do carro sen ni un rasguño.
    Francisco intentou fuxir ao ver que o seu atentado fallido pero foi detido inmediatamente.
    Foi levado ao xulgado e acusado de regicidio e acatando enajenación mental foi condeado a pena de morte. Executado con garrote vil, unha pena de morte moi usual da época, os seus restos foron enterrados no cemiterio de San Martín.
   Esta é a historia dun panadero que un día se levantou da súa cama coa intención de cometer un crime contra o rey de España, Alfonso XII.

"Unha muller non ten mais carreira que o matrimonio"

    Moitas son as persoas que non saben a que se debe o nome do noso instituto e aproveitando que estamos traballando o século dezanove paréceme oportuno facer unha referencia á muller pola cal o noso instituto leva o seu nome, Concepción Arenal.
    Concepción Arenal nace no barrio de Ferrol Vello, que todos nós coñecemos, o 31 de Xaneiro do ano 1820. Tivo unha infancia amarga xa que a súa nai quedouse viúva debido a postura liberal do padre de concepción en contra do reinado de Fernando VII, monarca español naquel momento da historia de España. Rematou a carreira de dereito e casouse no ano 1848 cun abogado e escritor. Pero o que verdadeiramente é de destacar desta muller e polo cal se lle recoñeze hoxe en dia en todolos lugares é por considerarse a creadora de feminismo. Pasouse a maior parte da súa vida defendendo o papel da muller na sociedade. Aínda que hoxe en día isto non parece tan impactante ou importante, hai que poñerse no lugar desta señora nos tempos que corrían naquel momento e co asolutismo á orde do dia, esta muller tivo a valentía de representar os dereitos da muller. Famosa su frase: "Unha muller non ten mais carreira que o matrimonio", resumindo así o papel da muller na sñua época.
    Morre o 4 de Febreiro  de 1893 en Vigo.