Galicia é un lugar habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Monday, May 28, 2012

Despedida

Non é que o meu labor traballador ao longo do curso fose un exemplo a seguir, mais quero comenzar asumindo o que nun principio parecíame unha idea absurda, aprender a historia de Galicia dunha maneira diferente. Agora entendo que non é necesario coller un taco de apuntes e aprender os numeros datos e fechas que aparecen neles, á semana seguinte esquecerei todo, nin por suposto copiando datos da wikipedia. A mellor forma é investigando por ti mesmo sen eses datos artificiais que aparecen en páginas web e libros. Desta maneira a medida que atopes datos, éstes non serán esquecidos tan fácilmente. Asi que xa sabedes abride as vosas mentes..
Conclúo dándolle as miñas sinceiras grazas a Manolo por todo o aportado ao longo do curso !

Saturday, May 19, 2012

Historia de Galicia

Imos a facer un repaso ao longo da historia de Galicia dende a Prehistoria.
A prehistoria galega caracterízase polos numerosos xacementos humanos atopados en zonas de Ribadeo e A Garda (As covas de Altamira). Pero sen dúbida o mais destacado é a chamada cultura castrexa, son os primeiros poboados compostos por pequenas cabañas feitas de palla e barro chamados castros. A principal fonte de alimentacion dos castrexos eran peixes a carne, polo que as agrupacións castrexas solían agruparse principalmente preto dos grandes ríos.

A seguinte estapa da nosa historia ven marcada polos galaicos, os celtas. Podemos dicir que nace neste momento a primeita monarquia. As aldeas celtas comenzan a estar encabezadas por un lider, o rei, que transmitía aos seus fillos o control da aldea que gobernaba, tal cual coma se foso unha monarquía que vai pasando hereditariamente de pais a fillos.
Comenza entón a romanización da peninsula Ibérica e de Galicia, os romanos introduciron numerosos avances á cultura galaica, como a forma de organización das cidades. É fundada naquel entón a cidade de Lugo (Lucus Augusti). Introducen tamén o cristianismo

Rompendo o Imperio romano chegan a Galicia os suevos que se asentan en zonas entre o Douro e o Miño. popularízase na península ibérica o que se coñece como "estatutos de limpeza de sangue", probas e demostracións xenealóxicas que toda aquela persoa que aspirara a un recoñecemento social debía pasar. Nelas, aqueles demandantes de título nobiliario ou que desexaran ingresar en institucións prestixiosas, debían aportar unha xenealoxía, a miúdo inventada ou manipulada, que probara estaren exentos de antepasados xudeus, mouriscos ou de desertores da fe cristiá. Tamén as familias fidalgas recorreron á xenealoxía para presentarse na corte como vellas liñaxes de honorable pasado. Todo isto levará a un aumento dos estudos xenealóxicos e vexiolóxicos no Antigo Réxime.

Na Idade Media constrúese en Galicia a catedral de Santiago de Compostela a consecuencia do descubrimento da tumba do apóstol Santiago ao redol da cal se construira a cidade. É digna de destacar a figura do arcebispo Xelmírez, que implantará un forte catolicismo dende o principio do seu mandato. Comenzaban nese momento as primeiras peregrinacións a Santiago que como consecuencia tiveron unha forte mellora económica en Galicia.


Os séculos XVI XVII e XVIII son os chamados séculos escuros, durante estos anos Galicia sofre unha paralización total na literatua e non será ata o século XIX da man de Rosalía Pondal e Curros Enrríquez unha recuperación da lingua galega.
1931, proclámase a II República española, elévase o nivel de vida e a educación tanto en España como en Galicia, e é no ano 1936 na que se leva a cabo o Estatuto de Autonomía de Galicia
Comenza no ano 1936 a Guerra Civil en España, moitos galegos vénse obrigados a emigrar cara a paises de América latina na búsqueda dunha estabilidade económica.
Na actualidade tanto a sociedade como a lingua galega atópase nunha das mellores situacións ao longo da súa histórica ainda que en relación a sociedade volve a recurrir de novo á emigración como último recurso.

TVG

Nace a finais do século XX, concretamente comenza a súa primeira emisión no ano 1985. Comenza enton unha etapa para galicia de farsas e mentiras influenciadas polo auxe dos medios de comunicación a nivel mundial.
 Poderíamos comparar entón a Galicia dende aquel momento coa famosa frase de Marx "La religión es el opio del pueblo" cambiándoa pola de que os medios de comunicación son o opio do pobo que afecta ao pobo galego dende finais do século XIX y XX coa entrada tanto de periódicos como La voz de Galicia, Correo Gallego o a xa citada Televisión de Galicia. Un opio que adormece as mentes galegas mediante a emisión e publicación de imaxes violentas que provocan na mente unha insensibilización, de maneira que cada vez mais irase incrementando ata chegar á súa plenitude finalizando así como unha especie de poboación zombi, coma se dunha película zombi se tratase, sen sentimentos nin pensamentos.
A única maneira de solucionar este efecto provocado polos medios de comunicación sería algo parecido a esnifar oas raios do sol, de maneira que estes cheguen ata ese cerebros devolvéndoos por fin ao seu estado natural que lle foi arrebatado pola falsificación e multitude de farsas e introducidas intencionadamente.

Wednesday, May 16, 2012

Valentín Paz Andrade

Anteriormente publiquei unha entrada sobre a chegada do capitalismo a Galicia coas industrias conserveiras e de salazón vascas. Co paso do tempo estas factorías comenzaran a distribuír as mercancías xa salinizadas, coas novas tecnoloxías dedicarse á conservación e distribución como pode ser por exemplo a industria pesqueira  e finalmente estas empresas adentraranse no ámbito internacional cooperando coa deslocalización industrial. Neste momento xoga un papel moi importante Valentín Paz Andrade ao que se lle dedicou o pasado 16 de mayo de 2012. Foi o responsable da internacionalización da industria pesqueira Pescanova. Grazas a el a industria galega actualmente esta distribuida e chaga a todos os lugares do planeta.