Poderíamos comparar entón a Galicia dende aquel momento coa famosa frase de Marx "La religión es el opio del pueblo" cambiándoa pola de que os medios de comunicación son o opio do pobo que afecta ao pobo galego dende finais do século XIX y XX coa entrada tanto de periódicos como La voz de Galicia, Correo Gallego o a xa citada Televisión de Galicia. Un opio que adormece as mentes galegas mediante a emisión e publicación de imaxes violentas que provocan na mente unha insensibilización, de maneira que cada vez mais irase incrementando ata chegar á súa plenitude finalizando así como unha especie de poboación zombi, coma se dunha película zombi se tratase, sen sentimentos nin pensamentos.

No comments:
Post a Comment