Galicia é un lugar habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Tuesday, March 20, 2012

Intentando resolver un problema sucesorio.

Ante a evidencia dos problemas sucesorios de Carlos II, o medo que presentaba a familia real a quedarse sen descendencia e a posterior morte da muller do monarca en 1689, comenzaronse busquedas de novas mulleres para o rey. Despois dunha longa eleccion, o resultado foi Mariana de Neoburgo, elixida entre outras cousas pola alta fertilidade da súa familia ( a súa nai tivero nada mais e nada menos que 23 fillos) e polo matrimonio da sua irmá maior con Leopoldo I producindo un aumento dos lazos entre a rama austríaca.
Durante a súa época de matrimonio ainda que pode parecer gracioso Mariana de Neoburgo finxiu ata 11 embarazos e conspirou coa acuda dunha camarera sobre a decisión da sucesión do trono.
Intento casarse con el "delfín de Francia", non obstante e ainda vindo iso Carlos II estipulou que cando él morrese, se lle establecería unha pensión a Mariana de cien mil doblones ao ano. Ó respecto o pobo recitaba os seguites versos:
"En Córdoba hay terrible ventolera;
a Granada no voy sin ser oidora;
para Jerez no soy tan gran señora.
En Sevilla hay comercio y no quisiera,
porque no me ha hecho Dios tan vendedora;
el ir a templar gaitas a Zamora
es tan malo como ir a Talavera.
En Valencia hay poquísima sustancia,
mucho arroz, flores, fuero y contrafuero
y, en fin, a todos tengo repugnancia.
Más pues nada me cuadra
una de dos: o ser delfina de Francia
o quedarme en Madrid es lo que quiero".

Finalmente nin a busqueda dos nobres dunha muller que lle dese un fillo ao monarca nin os finximendos da propia esposa de ata once embarazos puideron evitar a Guerra de Sucesión que afectou a España coa morte de Carlos II entre 1701 e 1713.

Chega o capitalismo a Galicia.

  O capitalismo, ese sistema económico que derivará na actualidade en tanta desigualdad social, miseria, codicia e pobreza chega a Galicia no século XVIII impulsado polos fomentadores cataláns atraídos pola fama das riquezas marítimas de Galicia. Nun principio, aséntaronse de forma temproral solo durante os meses de outono e inverno aproveitando o auxe da sardiña, finalmente co remate da Guerra de Independencia prodúcese o seu asentamento permanente.
  Estos fomentadores cataláns edifican plantas de salazón primeiramente para pequenos barcos pesqueiros pero co avance da actividade pesqueira acaban por construír grandes platas salinizadoras.
  As plantas eran rectangulares cun pario interior e unha fachada na parte posterior. É digno de destacar que as vivendas dos fomentadores situábanse ao lado da planta comunicadas co patio interior mediante vanos ou arcos de medio punto orientados cara a praia.
  Existian dous tipos de obtención das sardiñas, unha mediante pequenos barcos pesqueiros ocupados polos asalariados,(aqui podemos ver o inicio deste capitalismo, un empresario ou varios lle pagan aos pesqueiros un salario dependendo do número de pezas capturadas). Os asalariados posteriormente levavan as capturas e botábanas nunha táboa de madeira onde lles botaban a sal, despois as metiannunha pila tamén de madeira que contiña salmuera doutras capturas para finalmente unha vez colmadas estas pilas volvíaselle a botar outra capa de sal as sardiñas. Despois desta fase de salazón as sardiñas rompían con facilidade polo que os encargados estaban moito mais pendentes dos movementos dos traballadores. Finalmente as sardiñas pasaban un baño de auga doce para ser clasificadas en enlatadas en ñultimo lugar.
  Comenza aquí unha historia de Galicia de expotacións dos traballadores cunhas amplas xornadas laborais acambio dun baixo salarios que posteriormente desembocará nos abismais diferencias sociais e económicas de hoxe en día, unha historia que podemos resumir nesa foto:


   
 
   Aqui un enlace dunha película española no que se pode ver perfectamente o trato dos altos cargos das factorias cos asalariados, a distribución das fábricas e os procesos de salazón polos que pasaba os peixes: http://www.youtube.com/watch?v=jk-aNLcs07k


Saturday, March 17, 2012

Que nada se sabe.

Iste é o título do libro dun filósofo español, Francisco Sánchez. Exixten dúbidas sobre o seu lugar natal no que os investigadores portugueses atribúenlle o seu lugar de nacemento a Braga mentres que os españois o sitúan en Tui, antiga Povincia do Reino de Galicia.
Istas dúbidas son debidas a que coa proclamación do Edicto de Granada no ano 1492 polos reis católicos Isabel e Fernando, todos os xudeos víronse obrigados a convertirse ao catolicismo ou a abandoar o país se non querian ser asasinados pola Inquisición. Visto isto, os pais de Francisco víronse obrigados a converterse ao catolicismo emigrando cara a Braga onde foi bautizado o seu fillo. De aqui ven a teoria do seu nacemento en Braga. Posteriormente como a maioría dos conversos, desprazáronse cara a Tui, de esta meneira se lles xurdían problemas podías atravesar o rio Miño rápidamente e chegar a Portugal. Actualemente non existe a menor duda de que o seu nacemento produciuse en Tui.
Debido á Inquisición España perdeu a un dos seus mellores filósofos e pensadores.
Esta cultura xudía está moi presente nas súas duas primeiras obras "Quod nihil scitur" e "Carmen de Cometa"
En canto a sua obra presenta unha influencia de Descartes. A súa obra mais importante foi "Quod nihil scitur" (Que nada se sabe). Este libro comenza cun prólogo no que se acusa ao mismisimo Descartes de copiarlle a duda metódica presente neste prólogo a Francisco Sánchez. Diríxese a todos os que non estan obrigados a xurar nungunha palabra do seu maestro senón que examínan as cousas polas súas propias razóns. Conta no libro Francisco que sobre esto que tivo que volver a empezar sobre sí mismo xa que nos antigos so encontraba sombras da verdade, empeza así examinando as cousas por si mesmas.
Aparece aqui a súa principal cualidade, o escepticismo. Critica Francisco a todos os que non son capaces de pensar as cousas por si mesmos sen ter en conta as influencias que teñen á sua contra.
Non promete a verdade senón que a ignora evitando así calquera discusión
Este escepticismo recíbeo de Pirrón, o primeiro filósofo escéptico.
Moitos filósofos tiveron en conta a sua figura como Leibniz, Ludwig Gerkrath o W Wildeband.
Morre finalmente en Tolouse no ano 1623.

Xorde o primeiro artista galego.

Nace no ano 1602 o primeiro artista verdadeiramente notable en Galicia. Fillo de sastre e pintor barroco, da vida de Antonio de Puga non se sabe nada ata o ano 1635 no que Puga escribiu o seu primeiro testamento.
Varios historiadores dedicados a chear o vacio ata ese ano 1635 asumen a vida de Antonio de Puga ata ese momento como unha vida dedicada a estudios eclesiásticos.
A súa carreira como pintor comenza no ano 1634 facendo un retrato do duque de Medina.
Ocasionalmente atopábase traballando como oficial de Cajés, un pintor que posteriormente traballaría no Escorial. Moitos relaccionan a Puga como maestro de Cajés. Morre no ano 1648.
En canto á súa obra na cabeza atopamos a pintura "El afilador" seguida de "La Taberna". Realizou tamñen outras moitas obras como poden ser "La sopa de los pobres", "El aceitero" ou "La madre del pintor"
Ésta última obra antigamente foiselle atribuída ao grandísimo Velázquez pero no ano 1659 ingresou no museo do Prado xa como obra de Antonio de Puga.
Por causa da súa morte deixou sen terminar " El marqués de cadereita"e "La recuperación de Puerto Rico", finalmente terminadas polo pintor Luis Fernández
Déixovos aquí como exemplo algunha das súas obras mais importantes.



"Anciana sentada"ou "La madre del pintor" Moi debatida sobre o seu autor orixinal, Antonio Puga ou Velázquez, polo que relacionábase a este como mestre de Puga.
Pódese atopar no museo de pontevedra, antigamente no prestixioso museo do Prado.
"El Afilador" propiedade do Museo do Hermitage, pintada en óleao sobre lienzo.





"San Jerónimo", a súa peculiaridade é que foi a ñunica obra firmada por Antonio de Puga. Situada no Bowes museum
"La Taberna" Parece gardar un certo parecido coa obra "El afilador". Museo de Pontevedra.