Galicia é un lugar habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Friday, January 27, 2012

A universidade de Santiago, creación da Idade Media.



A Universidade de Santiago de Compostela - USC, é unha universidade pública con sede en Santiago de Compostela, Galicia e campus en Santiago de Compostela e Lugo.

Foi fundada en 1495 por Lope Gómez de Marzoa e é, cos seus máis de 500 anos, a universidade de máis longa tradición de Galicia, e unha das máis antigas de toda España.

Xa dende os seus inicios, a Universidade gozou dun importante impulso cultural e económico baixo o arcebispado de Alonso III de Fonseca, home culto, mecenas e amigo de Erasmo de Rotterdam. Así, dende principios do século XVI, a Universidade contará con varios Colexios Universitarios onde se impartirán estudos de Teoloxía, Gramática e Arte, oferta formativa que se verá pronto complementada coas carreiras de Dereito e Medicina.


A USC terá grande importancia durante o período da Ilustración, polo que o rei Carlos III distinguirá a esta Universidade co título de Real e engadirá o símbolo da Coroa que, xunto coas armas de Castela, León e Galicia, e os emblemas dos fundadores da institución, conforman o brasón da Universidade. Pouco despois, os estudantes deron exemplo de patriotismo formando o famoso Batallón Literario que combateu contra os franceses durante a Guerra de Independencia Española.

No século XX asistimos a un espectacular crecemento no número de estudantes e titulacións ofertadas, polo que xorden novas facultades e campus universitarios, creándose ademais dúas novas institucións (a Universidade de Vigo e a Universidade Da coruña) que complementarán a oferta educativa da Universidade capitolina.

Actualmente a Universidade está a finalizar a adaptación ao EEES e oferta unha gran cantidade de títulos de grao, máster e doutorado de todas as áreas de coñecemento. No ano 2009 a USC foi recoñecida polo seu proxecto Campus Vida como Campus de Excelencia Internacional polo Ministerio de Educación, distinción que a sitúa entre as 9 mellores universidades do país. O obxectivo da universidade a curto prazo é converterse nun dos 100 mellores campus biosanitarios da Unión Europea.


A Universidade de Santiago de Compostela é unha institución con vocación de futuro e capacidade de proxección máis alá das súas fronteiras naturais, sempre atenta ás necesidades da sociedade na que constitúe un referente académico e na que desenvolve o seu labor docente e investigador. Séculos de historia que nos achegan o valor engadido da experiencia ao camiño que a USC está a marcar na consecución dos seus retos presentes e futuros.

O primeiro xerme da Universidade de Santiago está vinculado á acción persoal dun notario compostelán chamado Lope Gómez de Marzoa, que crea en 1495, co apoio do abade de San Martiño Pinario, unha escola para pobres coñecida como Estudo de Gramática, instalada nunhas dependencias do mosteiro de San Paio de Antealtares. Dende ese momento, ábrese un período de incerteza fundamentado na escaseza de recursos. No ano 1504, accede a esta institución educativa a familia Diego de Muros. Este relixioso consegue que o Papa Julio II conceda unha bula que permite a realización de estudos superiores no Estudo Vello ou de Gramática.
Alonso III de Fonseca

O período no que a Universidade consegue o seu desenvolvemento definitivo vén definido pola figura de Alonso III de Fonseca, que foi nomeado arcebispo de Santiago en 1507 herdando o título do seu pai Fonseca II. Alonso de Fonseca está considerado como unha persoa extremadamente culta, un home do Renacemento, mecenas de numerosos artistas e sabios do momento, que con frecuencia mantivera contacto con pensadores como Erasmo de Rótterdam.

Desta época data a compra para a Universidade do antigo Hospital de Peregrinos co fin de transformalo no colexio universitario. Constrúese o de Santiago Alfeo, hoxe denominado Colexio de Fonseca, epicentro da vida universitaria ata a segunda metade do século XVIII. A finais do século XVI e principios do XVII créanse o colexio de San Patricio ou dos Irlandeses e o de San Clemente, e a mediados de século trasládase o de San Xerome á súa actual localización.

Thursday, January 26, 2012

Las primeras universidades de europa, en la Edad Media

Seguindo o precedente da organización carolinxia das escolas palatinas, catedralicias e monásticas , máis que o doutras institucións semellantes existentes no mundo islámico, 61 as primeiras universidades da Europa cristiá foron fundadas para o estudo do dereito, a medicina e a teoloxía. A parte central do ensino envolvía o estudo das artes preparatorias ; estas artes liberais eran o trivium (gramática, retórica e lóxica) e o quadrivium (aritmética, xeometría, música e astronomía). Despois, o alumno entraba en contacto con estudos máis específicos. Ademais de centros de ensino, eran tamén o lugar de investigación e produción do saber, e foco de vigorosos debates e polémicas, o que ás veces requiriu mesmo as intervencións do poder civil e eclesiástico, a pesar dos foros dos que estaban dotadas e que as convertían en institucións independentes, ben dotadas economicamente cunha base patrimonial de terras e edificios. A transformación cultural xerada polas universidades foi resumida deste modo: En 1100, a escola seguía o mestre; en 1200, o mestre seguía á escuela.62 Aas máis prestixiosas recibían o nome de Studium Generale, e a súa fama estendíase por toda Europa, requirindo a presenza dos seus mestres, ou polo menos a comunicación epistolar, o que iniciou un fecundo intercambio intelectual facilitado polo uso común da lingua culta, o latín.
 
Entre 1200 e 1400 foron fundadas en Europa 52 universidades; 29 delas de fundación papal, as demais de fundación imperial ou real. A primeira foi posiblemente Bolonia (especializada en Dereito, 1088), á que seguiu Oxford (antes de 1096), da que se escindiu o seu rival Cambridge (1209), París, de mediados do século XII (un de cuxos colexios foi a Sorbona, (1275), Salamanca (1218, precedida polo Estudo Xeral de Palencia de 1208), Padua (1222), Nápoles (1224), Coímbra (1308, trasladada dende o Estudo Xeral de Lisboa de 1290), Alcalá de Henares (1293), refundada polo Cardeal Cisneros en 1499), a Sapienza (Roma, 1303), Valladolid (1346), a Universidade Carolina (Praga, 1348), a Universidade Jagellónica (Cracovia, 1363), Viena (1365), Heidelberg (1386), Colonia (1368) e, xa ao final do período medieval, Lovaina (1425), Barcelona (1450), Basilea (1460) e Uppsala (1477). En medicina gozaba dun gran prestixio a Escola Médica Salernitana, con raíces árabes, que proviña do século IX; e en 1220 empezou a rivalizar con ela a Facultade de Medicina de Montpellier.  

Diego Xelmírez, fundador da Catedral de Santiago de Compostela

Diego Xelmírez foi o Fillo terceiro do conde Gelmiro, educouse na corte e foi notario do conde de Galicia. Era un gregoriano convencido, ao que a súa boa relación coa Orde de Cluny e sobre todo o seu contacto estreito e constante con Roma e co rei Alfonso VII, lle axudou a conseguir que a diocese alcanzase o rango arcebispal en 1120, así como amplos poderes eclesiásticos e teajo, administrar xustiza ou acuñar moeda en Santiago.

Como representante do rei, defendeu as costas galegas dos ataques de normandos, ademais uniuse á proclamación que os máis altos aristócratas de Galicia levaron a cabo o 17 de setembro do ano 1111, data na que Gelmirez con nobres do reino coroan a Alfonso Raimúndez como rei de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela. Este rei será coñecido con posterioridade como Alfonso VII, o Emperador.

Na crise política que se abriu co reinado de Urraca, a filla e sucesora de Alfonso VI, que se prolongou durante os anos 1109 a 1126, enfrontáronse dous grandes grupos. O primeiro grupo foi o dos nobres e eclesiásticos que apoiaban os intereses imperiais leoneses afectados polo casamento de Pega co rei de Aragón Alfonso el Batallador. O segundo grupo era o dos nobres que se opoñían o predominio da monarquía castelán-leonesa dende os tempos de Fernando I, os que se agruparon en torno a Alfonso Raimúndez para salvagardar os seus dereitos de sucesión sobre Galicia. Gelmírez acolaboró activamente con estes últimos. A pesar deste apoio, Alfonso VII decidiu en 1135 recortar o poder da diocese de Santiago, e obrigar o bispo a pagar impostos á coroa.


En 1105, o bispo compostelán conseguiu de Alfonso VI a escritura sobre a concesión de moeda e con Alfonso VII chegou a un acordo beneficioso para ambos os dous. O rei declarou o numerario de Santiago de Compostela de uso xeral en toda Galicia, e ordenou pechar as cecas reais deste reino, reservándose a cambio a metade dos beneficios que puidese producir a ceca de Gelmírez.



En 1125, actuando aínda como legado pontificio, o arcebispo de Santiago fixo un chamamento á cruzada contra os musulmáns, dende o concilio reunido pola súa iniciativa en Compostela.

O fondo da ría de Arosa, a escasa distancia de Compostela, constituía un enclave estratéxico para facer fronte ás incursións (normandas e sarracenas). Alí existía unha fortificación, o Castellum Honesti, do que fora tenente o pai de Diego Gelmírez, que constituíu obxecto de atención preferente por parte do prelado. Foi o primeiro organizador do poder naval de Castela e León, e instalou a primeira chancelaría: en 1128 Alfonso VII creou a do reino de León e nomeou a Gelmírez chanceler, vinculando o cargo aos bispos de Compostela.

En 1133 elaborouse o Decreto de prezos por representantes do cabido compostelán, os xuíces da cidade que encarnaban o poder señorial e por delegados do concello, confirmados polo rei Alfonso VII e o arcebispo Gelmírez.

Xa ancián sufriu a rebelión comunal de 1136, apoiada pola coroa que aproveitou para recortar parte do seu poder.

Como representante do rei, defendeu as costas galegas dos ataques de normandos, ademais uniuse á proclamación que os máis altos aristócratas de Galicia levaron a cabo o 17 de setembro do ano 1111, data na que Gelmirez con nobres do reino coroan a Alfonso Raimúndez como rei de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela. Este rei será coñecido con posterioridade como Alfonso VII, o Emperador.

Monday, January 9, 2012

Moedas suevas

A moeda ademais da sua triple función de medida dun valor,de intermediária de transaciones e de reserva, pode tener un uso non monetário, sendo conservada e utilizada como un obxecto precioso por
alguns pobos bárbaros. Falaremos entón non dun circuito monetario, senon dunha circulación do tipo de lugar de producción.
 O reino suevo acuña a súa primeira moeda na actual provincia leonesa durante a ocupación do noroeste peninsular. As primeiras moedas foron feitas de ouro principalmente, denominadas tremis ou trientes de ouro. Estas moedas posuen distintas lendas.





 Ainda que non existen moitos exemplos de moedas de procedencia sueva podese destacar unha moeda dedicada ao emperador Valentiniano no sec V pertencente ao reinado de Requiario, no reverso hai unhas láureas de laurel e a lenda "cono" atopada preto da igrexia de San Bartolome de Astorga
Aqui vos deixo unha lista dos reis suevos de Galicia.

-Hermerico.

Foi rei entre 409 e 498 foi o primeiro rei do imperio suevo creado na peninsula ibérica. Dirixiu o seu imperio dende o Rhin ata Gallaecia onde firmou un pacto co Imperio Romano mediante o cal se convertia en federado de Roma ocupando asi a provincia de Gallaecia. Foi derrotado polos vándalos e polos alanos na batalla dos Montes Nervascos que coa axuda romana conseguiu posteriormente derrotalos.

-Requila.

Foi o segundo monarca do reino suevo en Gallaecia. Adoptou unha postura agresiva contra a Igrexia Católica enfrentandose aos obispos e favorecendo ao clero priscilianista. Derrotou aos xeneral romano Andevoto eh conseguiu conquistar a  cidade de Mérida. Apoderouse dun botín de ouro e prata.

 -Requiario.

Firmou unha alianza con visigodos que abriu as portas a súa influencia goda no reino. Foi o primeiro rei católico germánico e o primeiro rei europeo en cuñar uncha moneda co seu nome. Actúa posteriormente en contra de Imperio romano. Saqueou a zona do val do ebro e parte da provincia Terraconense.



Para mais información aqui tedes un video resumen dos reis suevos.


http://youtu.be/8MdOaCrf0pA