
Entre 1200 e 1400 foron fundadas en Europa 52 universidades; 29 delas de fundación papal, as demais de fundación imperial ou real. A primeira foi posiblemente Bolonia (especializada en Dereito, 1088), á que seguiu Oxford (antes de 1096), da que se escindiu o seu rival Cambridge (1209), París, de mediados do século XII (un de cuxos colexios foi a Sorbona, (1275), Salamanca (1218, precedida polo Estudo Xeral de Palencia de 1208), Padua (1222), Nápoles (1224), Coímbra (1308, trasladada dende o Estudo Xeral de Lisboa de 1290), Alcalá de Henares (1293), refundada polo Cardeal Cisneros en 1499), a Sapienza (Roma, 1303), Valladolid (1346), a Universidade Carolina (Praga, 1348), a Universidade Jagellónica (Cracovia, 1363), Viena (1365), Heidelberg (1386), Colonia (1368) e, xa ao final do período medieval, Lovaina (1425), Barcelona (1450), Basilea (1460) e Uppsala (1477). En medicina gozaba dun gran prestixio a Escola Médica Salernitana, con raíces árabes, que proviña do século IX; e en 1220 empezou a rivalizar con ela a Facultade de Medicina de Montpellier.
Porcentaxe de copia: 98% . Referenzas a Galicia = 0. A aportación non serve.
ReplyDelete