Galicia é un lugar habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Monday, April 23, 2012

Un atentado contra o esquema social tradicional galego, O Banquete de Coxo.

O Banquete de Conxo tivo lugar o 2 de marzo de 1856 e tratouse dun acto de confraternización entre obreiros, artesáns e estudantes. O banquete constituíu un xesto de índole socialista, o cal suscitou o enfado dos sectores máis poderosos de Santiago de Compostela.
    Funcionou como un atentado contra o esquema social tradicional preconcibido, de modo que estudantes, a maioría de clases podentes, e artesáns compartiron pan e mesa. Ao banquete asistiron personalidades do talle de Aurelio Aguirre, quen pronunciou un discurso e de Eduardo Pondal, quen recitou uns versos en castelán do seu autoria. Especúlase que Rosalía de Castro quizais puidese estar presente.
    Sábese que o Banquete de Conxo se converteu nun acontecemento de grande importancia simbólica e real dentro da historia de Galicia, transformándose nunha parte significativa da memoria colectiva galega.

Aquí podedes observar unha conmemoración ao Banquete de Conxo:
http://youtu.be/aHCgq2oZKbM

No comments:

Post a Comment