O Banquete de Conxo
tivo lugar o 2 de marzo de 1856 e tratouse dun acto de
confraternización entre obreiros, artesáns e estudantes. O banquete
constituíu un xesto de índole socialista, o cal suscitou o enfado dos
sectores máis poderosos de Santiago de Compostela.
Funcionou como
un atentado contra o esquema social tradicional preconcibido, de modo
que estudantes, a maioría de clases podentes, e artesáns compartiron pan
e mesa. Ao banquete asistiron personalidades do talle de Aurelio Aguirre, quen pronunciou un discurso e de Eduardo Pondal, quen recitou uns versos en castelán do seu autoria. Especúlase que Rosalía de Castro quizais puidese estar presente.
Sábese que o Banquete de Conxo
se converteu nun acontecemento de grande importancia simbólica e real
dentro da historia de Galicia, transformándose nunha parte significativa
da memoria colectiva galega.
Aquí podedes observar unha conmemoración ao Banquete de Conxo:
http://youtu.be/aHCgq2oZKbM