Galicia é un lugar habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.
Sunday, November 27, 2011
O coliseo romano.
Aproveitando o exame de maña de historia do arte vamos a facer un repaso sobre a maior arquitectura do mundo romano, O Coliseo ou Anfiteatro Favio:
O coliseo foi construído no ano 72-80, de estilo romano imperial. O comitente é o emperador Vespasiano.
O Coliseo foi unha novidade do mundo romano para o ocio. Nel realizábanse espectáculos de gladiadores contra gladiadores, contra feras ou naumaquias que eran unhas batallas navales polas cales se inundaba a area a través dun sistema de alcantarillado. Tamén se realizaban escenas de cacerías
O nome de Coliseo proven de que o emperador Vespasiano construiuno sobre os xardíns da Domus Aurea que onde residía o emperador Nerón tamen coñecido polo "Coloso" de aí o nome de Coliseo. Vespasiano o construe porque quería demostrarlle ao pobo romano que era diferente a Nerón e por iso o construe sobre os xardíns que Nerón lle había roubado a Roma. Cando finalizou a construccion do Coliseo Roma tivo 100 días seguidos de festa que ninsequera foron interrumpidos pola desastre de Pompeia.
O coliseo esta dividido en 4 niveis. EN principio na sua construccion estaba formado solo por 3 pero o fillo de Vespasiano pero debido a que o aforo aumentaba tivo que construirse un cuarto nivel. Este cuarto nivel era macido porque tiña que suxeitar un toldo que cubria todo o diámetro do Coliseo para tapar a area nos dias de choiva. Este toldo pesaba moito polo que se necesitaba a axuda do exército para levantalo. Os 3 primeiros pisos son unha superposición de arcos, que vanse abrindo a partir de pilares adosados a unhas especies de semicolumnas dóricas. No segundo piso igual pero xónicas, e , no terceiro corintias.
O primeiro piso estaba formado por oitenta arcos de medio punto chamados vomitorium polos que entraban e saían os espectadores. De esta maneira podíanse desaloxar os 50.000 espectadores de maneira moi rápida. Continuando por estos vomitorium atopamos unha bóveda de cañón que é unha prolongación longitudinal do arco de medio punto pola cal chegamos á cávea que é o graderío.
A parte central chámase area e é onde se represantaban os espectáculos. Na parte central tamén había unhas rampas e a través do hipoxeo subían e baixaban os gladiadores.
E agora a facer un comentario de texto de filosofía !. Sorte !.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
no se me suena a otra asingnatura mmm que extraña sensación ajjaja
ReplyDelete