Onte comencei a buscar información sobre os castrexos e ocurriuseme a idea de investigar os deportes que practicaban, pero non atopei nada. Entón comencei a darlle voltas á cabeza e a imaxinar como podían marterse en forma sen ter nin ximnasios coma os romanos ou os pobos posteriores e como pasaban o seu tempo libre e as actividades de ocio que practicaban neste.
Xogaban os castrexos ao fútbol ou algunha outra actividade ocio parecido ou so pasaban o seu tempo libre facendo figuriñas de ceramica ou pintando nas pedras?.
Eu penso que os castrexos podian practicar xa deportes como os que hoxe en día coñecemos como lanzamento de xabalina, a natación, uncha especie de tiro con arco para probar a puntería dos cazadores ou mesmo uncha especie de halterofilia competindo para ver quen era o castrexo que podía levantar a pedra de maior tamaño. Buscando en google sobre este tema lin nunha paxina que a maioria de estes deportes podían vir desembocados das tradicións e dos ritos da tribo, que logo seguian sendo practicados no tempo de ocio desembocando en actividades como o futblol maya.
Sego dicindo que todo isto son hipóteses miñas que se me veñen á cabeza xa que non atopei nada sobre este tema
Outra actividade que poderian practicar os castrexos no seu tempo libre podía ser as damas aínda que xa saíu este tema en clase e é un xogo que podia ser practicado polos castrexos.
Conclúo esta entrada con unha ligazón a unha páxina onde podemos atopar os deportes mais antigos coñecidos e as súas explicacións.
http://www.fhm.es/site/article.aspx?id=30604
No comments:
Post a Comment